Na mañá deste xoves apareceron as primeiras evidencias da fosa que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica está a buscar Bértoa, Carballo. Nun lugar que fora sinalado por unha veciña atopáronse os primeiros restos e evidencias de violencia, como un casquillo de bala de 6,35 mm. Os familiares que estaban presentes recibiron con emoción o encontro, despois de dous días nos que non aparecían evidencias claras. Agora, o arqueólogo que dirixe a exhumación, Serxio Castro, está a rebaixar o chan para poder seguir traballando á mesma altura á que apareceron eses restos e que tamén se constata que estaban individualmente dentro de cadaleitos.