40
Un home apareceu morto ás tres da tarde deste domingo en Carballo. Foi localizado por unha patrulla da Garda Civil, unha veciña deu a voz de alarma tras levar varios días sen ver a este home, que vivía só. Ao achegarse e acceder ao domicilio, os axentes comprobaron que o home se atopaba morto no interior do primeiro piso onde residía desde hai uns anos, situado no número 11 da rúa Emilia Pardo Bazán. Segundo os seus veciños era oriúndo da zona da Laracha e estaba próximo a cumprir os 90 anos de idade, aínda que se defendía só e mesmo conducía un turismo. Tras o levantamento do cadáver, será a autopsia a que clarifique as causas da súa morte, aínda que todo indica que podería tratarse dunha morte natural.