34
Os servizos de Emerxencia recibiron o aviso minutos antes do mediodía deste domingo. Trasladáranlle información sobre o achado dun home de 67 anos, posiblemente falecido, no cuarto piso dun edificio comercial e de vivendas situado no número 17 da céntrica rúa Coruña. Ao lugar desprazouse unha Ambulancia do 061, un axente da Policía Local e unha patrulla da Garda Civil, pero nada se puido facer por acudirlle, a persoa estaba morta. O caso foi declarado morte xudicial, polo que a investigación e trámite do suceso quedou en mans da Garda Civil de Carballo, á espera do levantamento do cadáver para practicarlle a autopsia, que será o que determine as causas da morte do home.