Unha muller de avanzada idade apareceu morta na súa vivenda da Coruña, na rúa Perú, no barrio de Labañou, cando ían a desahuciarla este luns. A comitiva xudicial foi a que descubriu o cadáver da octoxenaria cando accedeu ao piso, despois de que non respondesen á porta. A Policía Nacional busca á filla da falecida, sen que haxa confirmación policial do seu grao de implicación na morte, pero podería ser vital para o esclarecemento dos feitos. Ambas vivían na vivenda, xunto á praza da Tolerancia, e a falta de pagamento do aluguer propiciou o seu desafiuzamento, previsto para este luns. A auptosia revelará a causa exacta da morte da anciá, que segundo os veciños, apenas saía á rúa.