Carballo | Aparece unha persoa morta en Bértoa

Coche Guardia Civil

Un particular atopaba, minutos antes das catro da tarde deste mércores, o corpo dunha persoa inmóbil nun camiño de servizo próximo ao cemiterio de Bértoa. Acto seguido tras poñerse o suceso en coñecemento do 112 Emerxencias Galicia, coordinouse un dispositivo de auxilio. Ao lugar acudiu un equipo médico do centro de saúde de Carballo, que comprobou que a persoa estaba falecida. Tamén fixo acto de presenza a Policía Local de Carballo con dúas patrullas, así como unha patrulla da Garda Civil e outra da Policía Xudicial. Todo indica que puido tratarse dunha norte natural, pero será a autopsia a que determine as causas exactas da morte desta persoa, Santiago Fraga, un veciño da vila de 65 anos.