Aparecen nove eguas mortas por disparos nos montes da Curota, en Boiro

0 minutes read

Nove eguas foron tiroteadas nos montes da Curota, nun espazo de pastoreo libre do concello de Boiro. Os propietarios presentaron denuncia ante a Garda Civil e non entenden cal puido ser o motivo da matanza porque non hai ningún conflito previo. As feridas de bala nos animais aprécianse a primeira vista. Caeron mortos no lugar onde pacían, moi próximos entre si. Os propietarios insisten en que non hai conflitividade entre comunidades de montes nin con ningún gandeiro. Os propietarios presentaron denuncia e o Seprona acudiu a inspeccionar os corpos das eguas.