Aparecen os corpos de dous homes aboiando en augas de Ferrol

A Garda Civil recuperou pasadas as 10 da mañá deste domingo os corpos de dous homes de mediana idade que apareceron aboiando en augas do porto de Ferrol, a uns 100 metros da costa, na zona de Prioriño.

Os tripulantes dun pesqueiro foron os primeiros que se decataron da presenza dun corpo, e minutos despois atopouse o segundo cadáver flotando. Foron trasladados ao Hospital Naval onde nos próximos días se lles practicarán as autopsias para coñecer a causa das súas mortes. Fontes próximas din que poderia tratarse de dous irmáns pescadores de Fene, algo pendente de determinar.

A Policía Xudicial de Ferrol fixose cargo da instrucción das correspondentes dilixencias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha