Aparecen preto de 500 troitas mortas en Esmorode – Santa Comba

1 minutes read

O Alcalde de Santa Comba David Barbeira comprobou in situ as labores de recollida das troitas que apareceron mortas na zona de Esmorode e analizou as posibles causas cos medios especializados e axentes da zona.

Augas de Galicia tamén estivo no lugar realizando diversas análisis, e algún exemplar das troitas mortas están sendo analizadas nun laboratorio de Santiago de Compostela.
Os efectivos de Protección Civil de Santa Comba retiraron do cauce do Río 478 troitas mortas, pero aínda se descoñecen as causas. As troitas serán recollidas por unha empresa especializada.
David Barbeira lamentou esta desagradable situación e espera que as análisis determinen as causas, para tratar de impedir por todos os medios que este tipo de desastres volvan a ocurrir.