Aparecen queimados tres colectores de residuos en Lestón – A Laracha

0 minutes read

A Policía Local da Laracha abriu unha investigación e solicita a colaboración cidadá para tratar de esclarecer os feitos sucedidos na madrugada do día 24 no lugar do Cruceiro da parroquia de Lestón e que supuxeron a queima de tres contedores de residuos sólidos urbanos que apareceron totalmente calcinados.

Polo momento descoñécese se o lume, que tamén provocou danos no peche dunha vivenda particular, foi ou non intencionado.