Aparecen restos do Sin Querer Dos a 5 millas de Fisterra

Son restos do aparello do barco en que morreron catro tripulantes, un deles sen que o seu corpo aparecese a día de hoxe. Unha chamada dunha embarcación deportiva alertaba a Salvamento Marítimo da presenza de redes aboiando no mar, que poderían poñer en perigo a navegación.

Só se puido retirar unha pequena parte que saíu á superficie. Intentouse retirar o resto mesmo co remolcador María Pita pero máis redes e restos están enganchadas ao barco e a operación é complicada.

De feito, a zona está agora balizada e xa se deron radioavisos alertando de que non é seguro navegar na zona. Na confraría do Porto do Son, onde custodian as redes que conseguiron recuperar, avisában da dificultade da operación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha