Apertura da exposición ‘Mar de Ardora’ a partir deste sábado en Malpica


A inauguración da exposición de 16 fotografías que recollen espectaculares fenómenos naturais será este sábado 10 de decembro ás 19.30h. Dende esa data, a compilación permanecerá no Centro Cívico ata o 31 de decembro. Os horarios de visita están previstos durante a semana, de luns a venres, dende as 09.00h ás 20.00h.

A fotoxornalista Ana García realizou un traballo de documentación durante dous anos para rexistrar os fenómenos naturais máis destacados nas súas imaxes. Un deles é a chamada bioluminiscencia, un proceso que se crea froito dunha reacción química entre os organismos vivos e que produce luz na beira da auga. A labor da fotoxornalista incentívase trala incesante busca en combinar isto con outros fenómenos, como é o ariglow -luminiscencia norturna- ou coa caída da choiva de estrelas.

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Cultura, organiza esta exhibición polo seu compromiso en amosar a beleza natural do Mar de Ardora e, asemade, da propia Costa da Morte.