Apertura do segundo xuízo político contra Trump

Con 232 síes e 197 nons, a Cámara de Representantes de Estados Unidos aprobou o segundo impeachment ao que se enfronta o presidente saínte, Donald Trump. Resolución aprobada sen obxeccións…», sentenciaba Nancy Pelosy, a presidenta da Cámara de Representantes, tras a histórica votación. É a primeira vez que un presidente se enfronta dúas veces a un xuízo político.

Tras cualificar este novo xuízo político como algo «absolutamente ridículo» e «unha continuación da maior caza de bruxas da historia da política», Trump instaba os seus seguidores, antes da votación, a evitar a violencia. O asalto ao Capitolio, o pasado mércores, que deixou cinco mortos, levou a Trump a este segundo xuízo político, que se iniciará no Senado despois da investidura do demócrata Joe Biden, o próximo 20 de xaneiro. Para evitar novos incidentes, o Capitalio permanece blindado ata a toma de posesión de Biden. Máis de 10.000 efectivos foron despregados en Washington.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha