Apertura do Ximnasio Municipal de Malpica

0 minutes read

O Ximnasio Municipal de Malpica estará dispoñible á cidadanía desde o luns 15 de xuño.
Uso exclusivamente mediante cita previa, con aforo limitado e unha duración de adestramento de 55 minutos como máximo.
Desinfectaranse os aparellos despois de cada quenda e colocaranse dispensadores de hidroxel e papel en lugares accesibles aos usuarios.
Non se poderán empregar os vestiarios.
Pide cita previa no 981 72 14 09. Horario de mañás de luns a venres de 10.00 a 13.00. Horario de tardes de luns a venres de 19.00 a 22.00.