APIN SON presenta o sábado 23 as 20:30 horas a súa candidatura, según comentan, cun equipo reforzado e preparado para formar o goberno que precisa Ponteceso Despois de catro anos á contribución do goberno municipal, en APIN SON PONTECESO din estar preparados para formar o equipo de traballo que precisa o concello. Un equipo sólido e estable, que chega a esta nova cita electoral coa experiencia acumulada dende o 2015 pero coa mesma ilusión e o mesmo compromiso: construír, coas achegas de todas e todos, un Ponteceso mellor. O sábado 23 de marzo, ás 20.30 horas, no Museo de Corme, presentan a sua candidatura.
