Dende a Asociación de Empresarios de Santa Comba emitiron este xoves o seguinte comunicado:
«Ante a situación de urxencia que está xerando a expansión do coronavirus e atendendo ás recomendacións da Xunta de Galicia tomamos a decisión de APRAZAR a XI FEIRA DA PRIMAVERA ata novas datas».
Esta decisión actualizarase seguindo as medidas e recomendacións que as autoridades sanitarias comuniquen en cada momento.
«Vamos a manter estrictamente a ubicación de tódolos expositores tal e como están distribuídos na actualidade; se no momento de fixar unha nova data houbera baixas por parte dalgún expositor, ofertaríamos de novo esas ubicacións», explican dende a organización.
«A cota extra que se lles pasa en concepto de participación na feira vai a ser cargada no banco con data do día 13 de marzo, porque as remesas xa estaban enviadas fai uns días. Polo tanto xa non se lles pasará cando se celebre a feira».