Aplicarán codia de eucalipto fronte ás cianobacterias no encoro de Caldas

1 minutes read

A plataforma Contratos Públicos de Galicia publicou a licitación dos traballos, aos que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 18 de abril.
Mediante este contrato, a entidade hidráulica da Xunta procura a minimización do risco de posibles proliferacións de cianobacterias que se producen no encoro da Baxe, contribuíndo á recuperación do ecosistema para evitar os posibles problemas de abastecemento ás captacións existentes augas abaixo do encoro.

Os traballos e actividades consisten na retirada e xestión dos residuos das doses de codia de eucalipto existentes no encoro, así como na aplicación e renovación de doses de codia de eucalipto nas estruturas flotantes, e na aplicación dunha terceira dose que permanecerá no encoro sen retirar, aos efectos de minimizar as posibles proliferacións de cianobacterias.

Ademais destas tarefas, neste contrato tamén se inclúe o mantemento periódico das estruturas flotantes soporte das doses e unha inspección inicial mediante un equipo de persoal mergullador do estado do sistema de anclaxe de ditas estruturas.