Apoio á candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade

Cedida.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na clausura do congreso Ferrol. Destino Patrimonio Mundial celebrado no Teatro Jofre de Ferrol e no que destacou o traballo de colaboración que se está facendo entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol co obxectivo de conseguir o máximo recoñecemento da Unesco para a cidade. Na xornada participaron numerosos expertos de diversos ámbitos. Alí tamén estivo o vicepresidente e responsable de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, quen defendeu os valores da cidade para optar á declaración da Unesco. Na súa intervención sinalou a necesidade de apoiar a candidatura como recurso para o desenvolvemento económico do concello. “Sumando todas as forzas porque posúe un riquísimo patrimonio para vivir e coñecer que ten que contribuír tamén ao desenvolvemento económico dun concello que precisa tomar forza e enorgullecerse de si mesmo”. Na clausura tamén participou o alcalde de Ferrol, Ángel Mato.