A fábrica de Ferroatlántica en Arteixo é unha das dúas empresas españolas que participa no proxecto europeo para reducir o tempo de carga das baterías de litio. Este mércores, o vicepresidente económico, Francisco Conde, visitou as instalacións, onde salientou a aposta que o grupo Ferroglobe, propietario da planta, está facendo desde Galicia pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. A Xunta de Galicia apoia con 1,7 millóns de euros as investigacións que se desenvolven aquí para lograr baterías de litio máis eficientes. Conde subliñou que se trata dunha iniciativa moi importante na que traballa o Grupo Ferroglobe, “que está apostando pola investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, pola innovación e polo futuro industrial da fábrica de Sabón” para que sexa “un referente” dentro do grupo.
35