Apoio a marca ‘Mar de Santiago’ na súa aposta por un turismo sostible e de calidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou cos alcaldes dos concellos de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa a renovación do convenio ‘Mar de Santiago 2022’, para a promoción desta zona vencellada ao Camiño de Santiago e ao Xacobeo. Unha aposta por un turismo sostible e de calidade e, nese contexto, tamén se apoiou o pasado ano a creación e promoción da marca Mar de Santiago e o seu desenvolvemento por parte destes 4 concellos da ría arousá. O convenio asinado agora conta con 168.000 euros, dos cales 128.000 son aportados pola Xunta e 40.000 polos concellos de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga para a continuidade turística da marca.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha