Apoio a programas integrados de emprego na comarca da Coruña


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde da Arteixo, Carlos Cavelo, informaron da aprobación dos seis programas de Emprego que se impartirán na comarca da Coruña e que mellorarán a empregabilidade de 700 desempregados nesta área.

Os PIEs outorgados na área da Coruña contan cun investimento de 1,2 millóns de euros financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e agarda alcanzar unha inserción laboral de alomenos o 40% entre os seus cen participantes. O delegado visitou as instalacións nas que se impartirá esta formación do curso organizado polo Concello de Arteixo, e explicou que os PIans Integrados de Emprego consisten en itinerarios curriculares, cursos de formación, mellora das habilidades profesionais e outras medidas laborais durante un período de doce meses ao tempo que contan coa colaboración de varias empresas da contorna.

No concello de Arteixo pórase en marcha, por décimo ano consecutivo, unha nova edición do Programa Intregrado de Emprego “Concello de Arteixo 2021-2022” con formación en caixeiro e repoñedor, xestión e operario de almacéns, axudante de cociña, operacións básicas de restaurante e bar e operario de limpeza.