Apoio ao funcionamento da Orquestra Sinfónica de Galicia


A Xunta de Galicia inxecta este ano un total de 3,5M€ para o funcionamento e o impulso da programación clásica da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), o que supón a maior achega realizada ata o momento para esta entidade por parte do Goberno galego.

Este apoio orzamentario quedou formalizado a través de dous convenios de colaboración asinados entre o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a alcaldesa da Coruña e presidenta do Consorcio para a Promoción da Música, Inés Rey.