Apoio autonómico para impulsar a terceira fase do polígono industrial de Palas de Rei

1 minutes read

Cómpre recordar que a fase III deste parque empresarial está prevista no actual Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais (PSOAEG), un documento que nestes momentos está en proceso de modificación. Concretamente, trátase dun ámbito que se localiza na estrada N-547, a uns 600 metros do núcleo principal e a 3 quilómetros do acceso a autovía Lugo-Santiago (AG-52). A ampliación do parque de Palas de Rei, que permitirá habilitar unha superficie adicional de case 42.300 m2, está xustificada polo feito de que as dúas fases existentes —ambas promovidas pola Xunta e que suman preto de 50.000 m2 destinados a parcelas— están xa vendidas na súa totalidade, polo que non hai opción de adquirir máis solo. Neste sentido, o alcalde de Palas, Pablo Taboada, subliñou a importancia da ampliación prevista na única área empresarial coa que conta o municipio, lembrando que varias empresas xa teñen amosado o seu interese en adquirir algunha parcela na futura terceira fase.