Os talibáns gañan terreo diplomático e militar tras a retirada de Estados Unidos e as forzas da OTAN de Afganistán. O ministro de Asuntos Exteriores chinés, Wand Yi, recibiu este mércores a unha delegación talibán de alto nivel. Pequín espera reforzar os lazos cos talibáns e darlles lexitimidade internacional.
China comparte 76 quilómetros de fronteira con Afganistán e ten unha asociación histórica con Paquistán o que lle dá a Pequín unha vantaxe competitiva fronte a outras potencias rivais. Rusia teme as consecuencias da repentina retirada de Estados Unidos de Afganistán. Moscova prevé que se produza unha reactivación das ameazas terroristas e que un Afganistán dirixido polos talibáns poida converterse nun novo santuario do terrorismo islamita. Como explica o seu ministro de Defensa.
Rusia estaría disposta a utilizar a súa base militar en Tadxiquistán, a maior fora de territorio ruso, para conter aos yihadistas. O ministro de Defensa de Rusia, Serguéi Shoigú, asegurou que_»En caso de ameaza aos nosos aliados, membros do tratado de seguridade colectiva, Rusia reaccionará»._ Afganistán podería converterse nunha nova bomba de reloxería humanitaria que podería desestabilizar tanto o centro como o sur de Asia.
Washington está disposto a dar unha oportunidade á diplomacia. Estados Unidos quere evitar toda confrontación militar.