Así llo trasladou o presidente provincial, Valentín González Formoso, ao alcalde muxián, Iago Toba Campaña, durante a reunión que ambos mandatarios mantiveron este luns na Coruña, na que participaron tamén os concelleiros Javier Romar e Olalla Benlloch.
O alcalde de Muxía explicou que o goberno municipal xa dispón dun proxecto técnico que permitiría dar solución aos problemas de suministro de auga que experimenta o núcleo urban de Muxía, especialmente durante os meses de verán cando se incrementa a poboación, e levar este servizo básico a núcleos rurais que carecen de traída actualmente coma Suxo, Castelo ou Agranzón, que suman preto de 1.000 veciños que carecen de auga corrente. As obras permitirían ademais dotar de abastecemento de auga a outros núcleos rurais próximos pertencentes ao Concello de Vimianzo.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que se trata dun «proxecto importante para o futuro de Muxía, que afecta a un número importante de veciños da localidad» e trasladou ao alcade a disposición da Deputación a participar nun acordo a tres bandas coa Xunta de Galicia e o Concello para levalo a cabo durante este mandato.