A Deputación da Coruña subvenciona este ano preto do 77% dos custes do servizo cunha cantidade anual que ascende a 60.000 euros e que permite a contratación de dúas asesoras xurídicas especializadas en cuestións sociais (estranxería, desafiuzamentos, dereito de familia, laboral, violencia de xérenro…) e dun administrativo.
Tras unha valoración inicial por parte dos servizos sociais de cada concello a persoa é derivada ao servizo, a través dun protocolo xa establecido. A atención, sempre é no propio concello de cada persoa usuaria do servizo.
As actuacións non se limitan a un simple asesoramento e orientación xurídica, senón que tamén se realiza a tramitación de procedementos, a elaboración de documentos, xestións ou intermediacións ante outros organismos ou entidades, mediación, apoio ao servizo de xustiza gratuita prestado por outros profesionais, etc.
A atención e a frecuencia de asistencia a cada concello se organiza en función da demanda e da poboación que hai en cada unha deles, asi vai dende os cinco días de atención mensuais nos concellos de mais poboación (Culleredo, Cambre e Oleiros) aos tres días ao mes nos mais pequenos (Abegondo, Carral e Bergondo), pasando polos catro días de atención nos dun tamaño intermedio (Betanzos e Sada). A media é de cinco usuarios/as ao día.