A Deputación da Coruña aposta pola profesionalización do sector turístico co apoio aos concellos na contratación de persoal, o obxectivo é, segundo o vicepresidente e responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira, contribuír á profesionalización e á calidade do sector. Regueira, destaca que a liña supón unha clara «aposta pola calidade turística e da imaxe da oferta dos concellos e tamén, claro está, un pulo para a creación de emprego no sector».
Criterios de baremación
Nos criterios de baremación da convocatoria computarase o número total de prazas de aloxamentos en establecementos turísticos, a capacidade de cobertura da demanda turística -oficinas, áreas ou servizos diferenciados, servizos de información operativos todo o ano ou información na rede- e interese turístico e planificación sostida, do que se terá en conta, entre outros, que sexan municipios de interese turístico ou conten con festexos así declarados, que desenvolveran plans de achegamento á calidade turística, que teñan certificados recursos dalgunha das normas europeas cualificadoras da calidade, que conten con establecementos catalogados coa Q, que conten no territorio con espazos naturais protexidos, patrimonio catalogado como BIC ou museos e centros de interpretación.