- O Bergantiños ou o Paiosaco son algúns dos clubs de fútbol que recibirán axuda.
A Deputación da Coruña beneficia a un total de 108 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel. Outras 18 axudas foron denegadas por motivos como a desistencia na solicitude, duplicidade ou non ter presentada a documentación requirida.
As subvencións oscilan entre os 80.991,19 euros que percibe o Hockey Club Liceo da Coruña e os 72.900 do Club Universitario de Ferrol con maior número de socios, até os preto de 2.000 das entidades máis pequenas como o Club Patinaxe Artística Agora ou o Club Xadrez Rianxo.
A deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán, destacou a «importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte galego e nacional».