Apoio do Concello de Malpica ao colectivo LGTBIQ+

Concello de Malpica

  • Veciños e membros da corporación reuníronse este martes na praza Anselmo Villar Amigo.

Con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebrou este 28 de xuño, a corporación municipal de Malpica reuniuse durante a mañá deste martes na praza Anselmo Villar Amigo como acto de apoio ao colectivo e cunha lectura dun manifesto no que se rexeitaba calquera tipo de discriminación motivada pola orientación ou identidade sexual das persoas. Á xuntanza tamén acudiron membros da Policía Local e veciños.