Apoio económico a 12 agrupacións de Protección Civil da provincia


A Deputación da Coruña apoia con 58.476,51 euros a actividade das agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.

O BOP publicou a concesión provisional destas axudas, que beneficiarán ás asociacións e agrupacións dos concellos de Cerceda, Porto do Son, Zas, A Laracha, Vedra, Betanzos, Carnota, Muros, Oroso, Vilasantar e Negreira.

Con esta axuda “damos o noso apoio a un servizo público esencial, sobre todo para os concellos do rural, e que nesta crise sanitaria amosou o seu compromiso á hora de axudar á poboación galega nun momento tan complicado” indicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.