Apoio institucional á actividade do Corme C.F. e do Ponteceso S.D.

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, asinou dous convenios de colaboración co Corme C.F. e co Ponteceso S.D. Cos acordos, de 13.000 euros cada un, o rexedor busca «apoiar a actividade de dous clubs cunha gran traxectoria no municipio e que realizan un labor esencial polo deporte do concello».

A sinatura e mantemento destes convenios foi un dos compromisos que o primeiro edil adquirira coas directivas de ambos clubs: «o noso obxectivo é manter estas axudas ano a ano, mantendo as mesmas contías e dándolles estabilidade e seguridade a ambas as entidades deportivas».

José Manuel Mato agradece o magnífico traballo «que realizan desde estas directivas e que contribúe a contar cunha programación deportiva variada para os nenos e nenas».

Related posts

A vindeira semana comezarán os traballos de mellora no campo municipal Platas Reinoso de Baio 

O Bueu Atlético Balonmán recibe e ao Calvo Xiria nun encontro crucial da Primeira Estatal

Nuno Moure bateu o récord absoluto da AD Fogar de medio maratón