Apoio institucional para construír en Arteixo unha das fábricas de cervexa máis grandes de Europa

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o apoio do Goberno galego á empresa Hijos de Rivera para construír unha das fábricas de cervexa máis grandes de Europa en Arteixo a través de medidas para facilitar o acceso a solo industrial. Durante unha visita ao parque empresarial de Morás no que vai instalarse a nova planta de Estrella Galicia, Rueda subliñou que “a obriga das Administracións é dar facilidades” ás empresas que queren expandirse ou instalarse en Galicia e máis nun contexto como o actual de alta “competitividade” pola captación de investimentos. A compañía cervexeira investirá 400 M€ na construción da súa nova planta para a que adquiriu máis de 466.000 metros cadrados de parcelas neste polígono.