Apoio para modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar

A titular de Mar, Rosa Quintana, destacou este luns que o Executivo galego aprobou este ano 55 proxectos presentados polas confrarías de pescadores para modernizar as súas instalacións que contan cun orzamento total de máis de 2,5 millóns de euros. Uns investimentos que teñen como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, avanzar na protección do medio ambiente reducindo a pegada de carbono, mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras, optimizar a protección dos profesionais do sector ante a alerta sanitaria pola covid-19, aumentar a calidade e o control dos produtos desembarcados e realizar obras e traballos que permitan modernizar as infraestruturas dependentes das confrarías de pescadores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha