Apoio provincial á Mostra do Encaixe de Camariñas

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, asinou co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o convenio polo que o ente provincial destinou 100.000 euros para a XXX Mostra Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se levou a cabo o pasado mes de outubro.
Ademais, nos orzamentos provinciais para 2022 xa se comprometen 120.000 euros para a realización da XXXI Mostra do Encaixe, que volverá ás datas tradicionais de Semana Santa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha