Aposta pola gastronomía como un atractivo máis para camiñar a Galicia

Imaxe dunha cociña_PIXABAY

Esa foi a mensaxe que lanzou o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, no acto central de Ecociña no Camiño, unha iniciativa pensada para dar a coñecer a peregrinos e turistas a oferta da hostalería galega nas rutas xacobeas.

Ecociña no Camiño desenvolveuse ao longo do segundo semestre deste ano a través dun estudo da situación da hostalería no Camiño, un rastrexo de recursos gastronómicos e unha labor de sensibilización sobre a sustentabilidade aos hostaleiros situados nas diferente rutas do Camiño ao que seguiu a presentación a profesionais e medios especializados de menús autóctonos elaborados con produtos de proximidade en diferentes puntos das rutas xacobeas, con demostracións nas prazas de abastos e coa asistencia a xornadas e feiras especializadas.

O obxectivo era dar a coñecer a gastronomía da zona e levar a cabo un labor pedagóxico sobre as vantaxes da cesta da compra de proximidade e o compromiso coa sustentabilidade e cunha hostalería comprometida coa contorna e coa conservación do medio ambiente.