Aposta polo deseño dun plan de xestión da mexilla para a súa optimización

1 minutes read

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, defendeu na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento a necesidade de avanzar cara ao deseño dun plan de xestión da extracción de semente de mexillón. Esta ferramenta, especificou, contribuiría a optimizar a explotación da mexilla e o seu aproveitamento ao adecuar os tempos de extracción ao estado e localización do recurso, “impedindo que se perda por non abrir ou que se leve ás cordas con baixo tamaño por non pechar”.

Así o sinalou en resposta a unha pregunta sobre este tema na que ademais destacou a importancia de avanzar na simplificación dos trámites mediante a habilitación dunha aplicación dixital que contribúa tamén a facilitar a dispoñibilidade dos datos da actividade do sector e a mellorar a súa trazabilidade.  Unha aplicación, subliñou, que permita axilizar as autorizacións -con vixencia para varios anos-, a alta e baixa das persoas autorizadas e xerar, de xeito automático, documentos de transporte e inmersión, entre outras cuestións.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?