Apple buscará automaticamente fotos de abusos a menores nos iPhone


A nova ferramenta de seguridade, que chegará coas versións de iOS 15, coñecerase como neuralHash, e incluirá varios salvagardas para protexer a privacidade dos usuarios, aínda que algúns investigadores e expertos en seguridade mostráronse preocupados polas implicacións que podería ter a súa implantación. A busqueda realizarase de forma automática, sobre todo de abusos sexuais a menores que se suban a iCloud ou ao servizo de almacenamento na nube da compañía. O sistema deseñado por Apple é o suficientemente avanzado para detectar tamén similitudes en imaxes que fosen lixeiramente modificadas. Varias axencias de seguridade e gobernos pediran á compañía que crease portas traseiras que lles permitan acceder a mensaxes e imaxes enviadas ou almacenadas nos teléfonos para axudar nas investigacións de abusos a menores ou terrorismo.