Apple podería estar a traballar nun iPhone de ‘Baixo custo’ de pantalla grande

1 minutes read

Apple sempre pon ao dispor do público varios modelos do seu mesmo iPhone para alcanzar distintos nichos de mercado, uns dispositivos máis baratos ou máis caros segundo o tamaño da pantalla, a calidade da cámara e outras cuestións premium. Ata o de agora, ter un iPhone de maior pantalla era sinónimo de ter que rascarse un pouco máis o peto, algo que podería cambiar a partir de 2022, dado que Apple estaría a traballar un iPhone de pantalla grande por menos de 900 dólares. Así polo menos o sostén o analista Ming-Chi Kuo, que nunha nota recente aos investidores, vista por macrumors, afirma que Apple planea lanzar catro modelos de iPhone en 2022, e un deles sería un modelo barato con pantalla grande. É unha boa noticia que Apple se atreva a lanzar un iPhone de menor gama cunha pantalla grande de 6,7 polgadas a un prezo inferior de 900 dólares, pero evidentemente carecendo de certas características técnicas como un sensor Touch IDE debaixo da pantalla ou con módulo de cámara menos avanzado.