Segundo Bloomberg, Apple podería estar a preparar un evento corporativo para marzo deste ano no que se presentarían todas as novidades que levamos escoitando fai un tempo. Estes rumores confírmanse aínda máis ao coñecer que Apple rexistrou na base de datos regulatoria de Eurasia ata tres novos ordenadores Mac. Os números de modelo rexistrados son A2615, A2686 e A2681, e tamén se indicou que polo menos un deles é un portátil. Esta base de datos pertence á Comisión Económica de Eurasia, a cal obriga por lei a calquera empresa a rexistrar todo dispositivo que esta lance que use calquera tipo de encriptación. Os produtos rexistrados nesta base de datos adoitan tardar entre 1 e 3 meses en finalmente saír á luz, aínda que hai ocasións nas que se rexistran modelos e tardan anos en lanzarse. Isto engade credibilidade para a data estimada do evento, 8 de marzo.
30