A Asemblea de APRAFOGA, asociación que representa aos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, manifesta o descontento do colectivo de axentes forestais e medioambientais coa actual redacción do Anteproxecto de Ley Básica de Agentes Ambientales proposto polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. O devandito anteproxecto regulará as competencias do colectivo dos Axentes Forestais e Medioambientais de todo o estado español, pero a realidade é que a súa aprobación suporía un retroceso importante en canto ás funcións deste colectivo na protección do medio ambiente.
APRAFOGA amosou xa durante a xuntanza da asamblea do pasado decembro o seu rexeitamento a este anteproxecto de lei básica. O motivo é que nin clarifica as funcións dos Axentes en canto á prevención e extinción de incendios forestais, nin menciona as múltiples funcións desempeñadas en canto á xestión forestal. Ademais, tampouco simplifica a loita contra os múltiples delictos contra o medio ambiente (incendios, furtivismo, verquidos, etc..) que ocorren todos os días no territorio.
Maniféstase en contra
A Ley Básica de Agentes Forestales y Medioambientales proposta polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico demostra unha débil aposta de cara a establecer unha lei que defenda e protexa de xeito claro a un colectivo que loita contra os incendios forestais e que defende unha xestión forestal sustentable e unha protección do medio ambiente en todo o territorio, especialmente na que xa coñecemos coma “España baleirada”.