Aprazada a actuación do Combo Dominicano en Carballo

Actuación do grupo_El Combo Dominicano.

Cun comunicado nas redes sociais emitido na tarde deste luns, trasladouse oficialmente que “a dirección de LB Producións, JP Eventos e Feiras, Combo Dominicano e o Concello de Carballo, facémosvos chegar a decisión de APRAZAR, por causas meteorolóxicas o evento programado para este día 6 de decembro en Carballo”. Ademais fan saber que a devolución das entradas farase no mesmo punto de venda onde se adquiriron e que proximamente se anunciará a nova data da actuación.