Os organizadores de Rapa das Bestas de Sabucedo decidiron aprazar a edición de 2020 que estaba prevista entre o 3 e o 6 de xullo como consecuencia do estado de alarma e a súa posible prolongación. Os organizadores non queren renunciar a celebrar rapa este ano e decidiron sondar aos veciños para saber se lles parecería ben trasladala ao fin de semana do 15 e 16 de agosto. A decisión ratificarase nunha asemblea veciñal que realizarán durante o mes de xullo.
Aprazada a Rapa das Bestas de Sabucedo
Foto.- Cedida.