Aprazada a XII Ruta de Tapas de Santa Comba

1 minutes read

A Asociación de Empresarios de Santa Comba emitiu un comunicado este luns no que informa da suspensión da XII Edición da Ruta de Tapas, o evento ía a celebrarse do 20 ao 29 deste mes de novembro, con degustación de tapas nos locais participantes, sorteos de agasallos, etc. As circunstancias de positivos por coronavirus concentrados na comarca do Xallas superan as previsións de seguridade pensadas para manter a distancia social e a participación dos locais de hostalería asociados, polo que moi ao pesar de todos, non queda outra que pospoñer o evento, no que colaboraban preto de 50 establecementos. Dito evento realizarase cando a situación sanitaria sexa máis favorable.

Venres Negro

Segundo a propia Asociación, de momento si está pensado seguir adiante coa organización do Venres Negro, aínda que sempre pendentes da evolución da pandemia na comarca.