37
- A conselleira de Educación, Carmen Pomar, anunciou o adiamento das probas a menos de dous meses da súa celebración e logo do clamor de opositores, sindicatos e oposición para que rematase coa «incerteza».
As oposicións de Educación previstas para o mes de xuño en Galicia aprázanse ata o ano que vén, segundo o anunciou este mércores na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia a conselleira de Educación, Carmen Pomar.
A conselleira dixo que non se dan as circunstancias sanitarias nin temporais para celebrar a OPE e que, polo tanto, quedan adiadas.
A Xunta convocara 2.354 prazas de 97 especialidades diferentes. As probas do proceso selectivo estaban convocadas para o 20 de xuño, pero finalmente quedan adiadas ata o ano que vén.