O Bergantiños FC activa o seu protocolo Covid por un positivo no corpo técnico do primeiro equipo. O caso xa fora comunicado no seu momento ao SERGAS, as federacións galega e española de fútbol, así como ao concello de Carballo.Trátase da confirmación do positivo do adestrador do equipo carballés, José Luis Lemos. Ante este feito, o Xuíz de Competición decidiu aprazar de novo o partido correspondente á Xornada 11 entre o Bergantiños FC e o UD Somozas, previsto para este domingo 3 de xaneiro. Así o fixeron constar na resolución enviada pola Real Federación Galega de Fútbol, na mañá deste mércores.