Aprazado o Calvo Basket Xiria – Xixón Basket, por positivos en Covid

A Coordinadora de Competición da Oficina Permanente das ligas FEB emitiu un comunicado informando que tras a detección de positivos por coronavirus no equipo Xixón Basket, decidiuse aprazar o partido correspondente á Xornada 7 de Liga EBA Grupo A- C, que o equipo asturiano debería xogar este sábado día 12 ás 5 da tarde en Carballo contra o Calvo Basket Xiria. Por tanto, segundo informa a FEB nun novo comunicado, o encontro aprázase para o mércores día 23 ás 21:00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha