39
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, vén de asinar unha resolución pola que aproba medidas extraordinarias en relación aos procedementos que tramita a área tributaria da institución provincial.
Entre esas medidas, decrétase que a primeira campaña de recadación de 2020, que comezaba este mes e que inclúe o imposto de vehículos (IVTM) e outras taxas, aprázase ata despois do 30 abril.
Tamén quedan suspendidos ata o 30 de abril todos os embargos, as providencias de prema, as poxas e a execución de garantías, así como calquera tipo de notificación executiva dos servizos tributarios provinciais.