Aprazado o encontro do Bergantiños – Salamanca por varios casos Covid no equipo carballés

O Bergantiños FC activa o protocolo Covid por varios casos positivos no primeiro equipo e no persoal directamente relacionado co mesmo. Segundo informan desde o club, os casos xa foran notificados no seu momento ao SERGAS, ás federacións española e galega de fútbol, así como ao concello de Carballo.
As persoas afectadas atópanse illadas e presentan sintomatoloxía leve. Deberán levar a cabo o confinamento marcado polo SERGAS, e unha vez finalicen o período de illamento e presenten proba negativa poderán volver á súa actividade normal.

Ante a situación actual, o Xuíz de Competición resolveu este venres adiar o encontro correspondente á Xornada 20 entre o Bergantiños FC e o Salamanca UDS, previsto para este domingo 6 de febreiro. Así o fixo constar na resolución enviada pola Real Federación Española de Fútbol.
A data para o partido será confirmada a maior brevidade posible, na que están xa a traballar xunto coa RFEF e o Salamanca UDS.
O Bergantiños FC realizará novas probas de antíxenos COVID-19 ao resto do plantel, corpo técnico e todo persoal relacionado co primeiro equipo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha