Aprazado o Obradoiro-Joventut por varios positivos no equipo catalán

O encontro entre Monbus Obradoiro e Joventut Badalona, correspondente á xornada 10 da liga Endesa e previsto para este próximo sábado 7 de novembro (18.00 horas) en Santiago de Compostela, foi aprazado tras a confirmación de varios casos positivos de covid-19 no conxunto de Badalona. En breve comunicarase a nova data para a disputa do encontro, segundo a ACB.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha