41
O Bergantiños informou este xoves nun comunicado que tras realizar probas de antíxenos Covid-19 ao persoal e ao equipo técnico, detectaron un caso positivo. Desta forma seguindo o protocolo, o club comunicou a situación e os datos do xogador ao Sergas, ás Federacións Galega e Española de Fútbol, así como ao Concello de Carballo. O adestramento que ía desenvolverse este xoves foi suspendido, así como o partido previsto para este sábado ante o Arzúa, que quedou aprazado. Unha vez máis desde o Club carballés apelan á responsabilidade de todos e todas para coidarnos e coidar aos demais e para cumprir todas as recomendacións das autoridades sanitarias.