Aprázase por primeira vez na historia o acto das Letras Galegas


A Real Academia Galega decidiu pospoñer o pleno extraordinario que tradicionalmente celebra o 17 de maio, Día das Letras Galegas, ante a incerteza provocada pola pandemia da Covid-19.

O acto académico dedicado este ano a Ricardo Carvalho Calero celebrarase o sábado 31 de outubro, que coincide cos 110 anos do seu nacemento, segundo informa a RAG nun comunicado.

A sesión manterase no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol. Así mesmo, os demais actos presenciais que a institución previra celebrar nas vésperas e nas datas posteriores ao Día das Letras Galegas organizaranse despois do verán.